Saturday 11 de May de 2024

Brión acollerá mañá sábado as actuacións dun grupo de requinteiros da Ulla e dun home orquestra dentro do programa de Santa Minia


A carballeira de Santa Minia acollerá mañá sábado 29 de setembro dúas actuacións musicais organizadas polo Departamento de Cultura do Concello de Brión como complemento á programación especial da Romaría de Santa Minia. Así, ás 13:00 horas terá lugar a actuación de “A gaita de Sarandón”, un grupo de requinteiros da Ulla. Pola tarde, ás 17:30 horas, será a quenda do home orquestra “Pulpiño” Viascón, que presentará o seu espectáculo familiar “Musicleta”.

Para o domingo 30 de setembro están previstas outras dúas actividades. Pola mañá, ás 12:00 horas, a música correrá a cargo da asociación cultural Os Castros de Ames; mentres que pola terá lugar o tradicional Festival de Bandas de Música Populares, que se celebrará na praza do Concello de Brión ás 17:00 horas. Actuarán a Banda de Música Municipal de Brión e a Banda da Escola de Música de Rianxo.